O museo provincial de Lugo acolle un obradoiro de tocados de papel

LugoXa
Bibi Martín imparte o obradoiro Prototipado de tocados de papel, que ten coma obxectivo o achegamento ao mundo da moda.
museo provincial do mar
16 Aug 2021

Bibi Martín imparte o obradoiro Prototipado de tocados de papel, que ten coma obxectivo o achegamento ao mundo da moda. O curso realizarase mañá martes, 17 de agosto no museo provincial de Lugo.

Neste obradoiro aprenderanse as técnicas básicas para a creación de tocados de papel, dende o máis sinxelo -coma unha gorra de carteiro- ata máis complexos. Ademais, realizaranse diferentes maneiras de elaborar tocados con materiais distintos. Unha forma de deixar voar a imaxinación a través de diferentes exercicios.

O curso levarase a cabo dende as 17 horas ata as 20 horas e está orientado a nenos e nenas de todas as idades, así coma grupos e familias. A actividade é gratuíta e as prazas son limitadas polo que é preciso inscrición previa no enderezo electrónico concertarmpl@gmail.es ou no número de teléfono 982 242 112.

Todos os participantes deberán levar os seguintes materiais para poder realizar os exercicios: papel de diversos grosores e cores, cartolina A3, tesoiras, pegamento de barra, cinta de carrocero e materiais para adornar a creación -plumas, cintas, teas, etc-.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17308187484741