O Museo Provincial de Lugo inaugura a mostra 'Con nome propio'

LugoXa
A Vicepresidenta da Deputación de Lugo inaugurou no Museo Provincial de Lugo a exposicición 'Con nome propio' de Xosé Manuel Otero.
Exposicion Manuel Otero
7 Jun 2022

O Museo Provincial de Lugo acolleu onte a inauguración da exposición fotográfica Con nome propio do lucense Xosé Manuel Otero, unha recompilación de retratos de mulleres e homes da cultura galega no cambio de milenio. A mostra poderá verse na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo ata o 30 de xullo.

CON NOME PROPIO

Segundo o propio autor, "a idea dunha recompilación de retratos das mulleres e homes da cultura galega actual hai unha ducia de anos que me rolda pola cabeza. Inicialmente tratábase dunha homenaxe ao mundo da cultura nun punto temporal determinado: cambio de milenio. Sería unha foto fixa dalgunhas das mulleres e homes que nos albores do novo milenio están sachando polo florecemento da cultura galega".

XOSÉ MANUEL OTERO

Iníciase no mundo da fotografía tratando fundamentalmente temas etnográficos. Coa madurez, evoluciona a temas minimalistas e abstractos, onde predomina o entorno urbano, salpicado case sempre pola figura humana. No relativo á técnica, aposta decididamente polos procesos químicos de branco e negro coma un valor engadido ao seu traballo.

As súas obras expuxéronse en museos, casas da cultura e salas particulares e públicas en A Coruña, Lugo, Ourense, Barcelona, Braga, Gijón, Madrid. Por último, ten obra espallada en distintos libros, revistas e follatería diversa.

0.18554186820984