O músico británico Jordan Mackampa ofrecerá un concerto en Lugo

LugoXa
O músico británico Jordan Mackampa ofrecerá un concerto en Lugo en novembro. Así, a súa xira Foreigner aterrará no Vello Cárcere
concerto jordan mackampa
22 Ago 2021

O músico británico Jordan Mackampa ofrecerá un concerto en Lugo en novembro. Así, a súa xira Foreigner aterrará no Vello Cárcere o 21 de novembro ás 21.00 hroas dentro da programación do ciclo Xacobeo Importa.

Criado en Londres, Jordan Mackampa é o sumatorio das súas raíces congoleñas e a atmosfera británica. As súas composicións, profundamente persoais, reflicten os sons e as historias das cidades nas que viviu.

A súa voz, atemporal, e as súas melodías fascinantes, demostran a súa capacidade para combinar sons aterradores e relaxantes con letras amargas e alegres e, sen dúbida, como o presente e o futuro das voces do soul.

En 2016 lanzou o seu primeiro EP: Physics, unha colección de cancións de anhelo e perda, con sons do soul, blues e folk. A este primeiro EP seguiulle en 2017 outro máis sombrío e maduro: Tales from the Broken. O seu último traballo trátase do seu álbum debut, Foreigner, que será estreado o próximo 13 de marzo.

Nos últimos anos, Mackampa, recibiu eloxios do público e a crítica especializada, como NME, Clash, Qonderland, Mahogany e The Line of Best Fit e alcanzou máis de 30 millóns de reproducións en plataformas de streaming.

concerto jordan mackampa 1
0.18860101699829