O Pazo acollerá unha xornada de tiro para nenos o vindeiro día 18

LugoXa
O vindeiro 18 de decembro terá lugar unha xornada de baloncesto específica de tiro durante 3 horas nas instalacións do Pazo Dos Deportes
Xornada tiro breogan usc portada
Xornada tiro breogan usc portada
8 dic 2022

O vindeiro 18 de decembro terá lugar unha xornada de baloncesto específica de tiro durante 3 horas nas instalacións do Pazo Dos Deportes e estará dirixida por Salva Arco e Alberto Corbacho, ex xogadores profesionais de baloncesto, e por adestradores da Fundación Breogán.

Esta xornada de tecnificación é para todos os niveis e dividiranse en tres partes. Durante a primeira hora traballaranse os conceptos máis técnicos do tiro, dividindo aos mozos por idades, niveis e estacións. A segunda hora será de volume de tiro onde os rapaces practicarán o aprendido na hora anterior e realizarán distintos exercicios de tiro, utilizando nunha das estacións a máquina de tiro profesional Dr. Dish All Star.

A última hora adicarase ás competicións de tiro e haberá 3 competicións por cada categoría en canastra grande e canastra pequena. Todos os rexistrados disporán de auga e camiseta técnica para a xornada e a maiores, haberá trofeos para os gañadores das competicións.

Xornada Tiro Breogán USC