O pianista Brian Charette impartirá unha masterclass de improvisación en Lugo

LugoXa
O pianista de jazz achega os seus coñecementos sobre improvisación nunha sesión aberta ao público que se desenvolve este sábado
Brian Charette
21 Out 2021

O organista norteamericano Brian Charette ofrecerá este sábado, a partir das 12.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, unha masterclass sobre música moderna, na que achegará ao público os seus coñecementos sobre a improvisación no jazz co obxecto de familiar a todas as personas con aspectos básicos deste estilo musical.

Brian Charette comezou a súa carreira artística tocando con músicos como Lou Donaldson ou Houston Person. Nomeado aos  Grammys americanos, Charette, que forma parte do Czech Summer Jazz Workshop no Jesek Conservatory de Praga, traballou con artistas como Joni Mitchell, Chaka Khan, Paul Simon ou Cyndi Lauper.

Na súa faceta pedagóxica, cómpre destacar os seus artigos en publicacións como Keyboard Magazine, The New York City Jazz Record ou DownBeat. Asemade, no plano editorial, tamén publicou para Hal Leonard o volume ‘101 Hammond B3 Tips’.

0.12531590461731