O primeiro equipo do Club Deportivo Lugo suma unha nova vitoria en Pamplona

LugoXa
O primeiro equipo volverá aos adestramentos o martes para comezar a preparar o choque do próximo sábado
Vitoria-do-CD-Lugo-en-Osasuna
27 Out 2024

Os albivermellos de 1ª RFEF do Club Deportivo Lugo veñen de gañar o enfrontamento celebrado no estadio Tajonar Ciudad Deportiva Osasuna contra o Club Atlético Osasuna Promesas esta mañá de domingo, 27 de outubro.

Desta maneira, os de Lugo suman outros tres puntos que os colocan na parte superior da táboa clasificatoria ao quedar 0-1 cun tanto marcado polo xogador Zoilo despois do pase recibido por parte de M. Ochoa.

Durante o encontro, que estivo moi disputado, o adestrador, Manolo Escobar, dispuxo de Marcos Lavín en portería; Lizancos, J. Rodríguez, Nicholas N. e Zoilo en lña defensiva; Jorge G., Yayo, R. Martínez e Jon Cabo no centro do campo; B. Mendoza e M. Ochoa como xogadores máis adiantados.

O primeiro equipo volverá aos adestramentos o martes para comezar a preparar o choque do próximo sábado ás 19.30 horas, que será cando reciba ao Athletic B no Anxo Carro. "Unha enorme oportunidade para lograr a terceira vitoria consecutiva diante da afección albivermella", sosteñen desde o Club.

0.21137404441833