O San Froilán 2024 promocionará a música local

LugoXa
Xa comezaron os traballos de instalación do alumeado ornamental do San Froilán, que iluminará máis de 50 puntos da cidade
san-froilan-2024-artistas-locais
24 sep 2024

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, e Rubén Arroxo, Tenente Alcalde de Lugo, reuníronse con músicos e músicas da cidade para destacar a importancia do San Froilán como plataforma de promoción para a música local. Ferreiro subliñou que "medio cento de artistas lucenses participarán nas festas", tanto como teloneiros en escenarios principais como cun espazo propio na praza da Mosqueira, que se consolidou como o principal foco da música feita en Lugo.

"Queremos que o San Froilán sexa unha festa para todas e todos os lucenses, e para iso é fundamental contar coas agrupacións musicais da nosa cidade", explicou a concelleira. Ademais, destacou que os artistas lucenses compartirán escenario con nomes recoñecidos como Fillas de Cassandra, Triángulo de Amor Bizarro e María Rodés, reforzando a visibilidade da escena local. Ferreiro tamén destacou a praza da Mosqueira como "o gran escenario dos grupos lucenses", facendo fincapé na súa importancia patrimonial, ao permitir gozar de concertos co patrimonio histórico da cidade como fondo.

Por último, a concelleira anunciou que xa comezaron os traballos de instalación do alumeado ornamental do San Froilán, que iluminará máis de 50 puntos da cidade con preto dun millón de microleds, repartidos en máis de 200 arcos luminosos e diferentes decoracións que vestirán as rúas de Lugo durante as festas.

0.21224784851074