O Vello Cárcere acolle a exposición 'Creativas', que reivindica o papel das pintoras na historia da arte

LugoXa
A mostra reúne obras de sete artistas e poderá visitarse ata finais de maio dentro da programación da Tenencia de Alcaldía
Creativas-nova-exposición-do-Vello-Cárcere
17 Apr 2026

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, inaugurou no Vello Cárcere a nova exposición que se incorpora á programación da Tenencia de Alcaldía. Baixo o título “Creativas”, as artistas Ana Rodríguez (Anama), Alejandra Aranzana, Carmen Prado, Concetta Montenegro, Isabel Rodríguez, Majo Penas e Luisa Paz presentan unha serie de obras coas que reivindican o papel das pintoras na Historia da Arte, tradicionalmente invisibilizadas polo protagonismo dos homes.

A edil convidou á veciñanza a achegarse a esta mostra, que poderá visitarse no Vello Cárcere ata finais de maio.

As propias artistas definen o proxecto como unha proposta creativa formada por un grupo de mulleres, cada unha co seu estilo e forma de creación. Sinalan que a exposición é unha maneira de reivindicar ás pintoras ao longo da historia e de dar visibilidade a un traballo que, en moitas ocasións, quedou nun segundo plano. Coas súas obras, convidan ás persoas visitantes a compartir a súa forma de expresar, sentir e crear.

0.1203510761261