O Vello Cárcere acolle a presentación do libro ‘Os cadernos escolares da II República’

LugoXa
O Vello Cárcere acolle este xoves ás 20.00 a presentación do libro ‘Os cadernos escolares da II República’
II república cadernos escolares
II república cadernos escolares
23 Nov 2022

O próximo xoves 24 de novembro ás 20.00 terá lugar no Vello Cárcere a presentación do libro Os cadernos escolares da II República.

Este libro escrito por Miguel Paz Cabo é un estudo histórico pedagóxico ao redor dos cadernos escolares dun rapaz, Antonio Rial, e do seu mestre, Bernardo Mato Castro, asasinado polos fascistas en 1936.

A presentación terá lugar no auditorio e a entrada será de balde.

Presentacion libro vello carcere
0.20128393173218