O Vello Cárcere acolle o IV Ciclo de Cine Alemán, dedicado ás mulleres

O Club Cultural Valle-Inclán, en colaboración co Instituto Goethe de Madrid, organiza durante o mes de novembro o 'IV Ciclo de Cine Alemán: Mulleres en primeiro plano', unha proposta que achegará ao público catro producións cinematográficas arredor desta temática.
As proxeccións terán lugar os días 9, 16, 23 e 30 de novembro no salón de actos de O Vello Cárcere, sempre ás 19:30 horas. O ciclo arrancará o día 9 con 'Cleo', de Erik Schmitt (2019, 105 minutos), e continuará o día 16 con 'Las hijas de Zahur', de Laurentia Genske (2021, 89 minutos).
A programación completarase o 23 de novembro con 'Walchensee Forever', de Janna Ji Wonders (2020, 110 minutos), e o día 30 con 'Más allá de la frontera azul', de Sara Neumann (2024, 102 minutos).
A entrada será libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala. A organización lembra que, unha vez iniciada a proxección, non se permitirá o acceso ao salón.