Obradoiros de teatro, capoeira e linguas forman parte da nova programación da Hedreira

LugoXa
O centro sociocultural autoxestionado A Hedreira mantén abertas as inscricións para as súas novas propostas
a_hedreira_lugo
27 Out 2024

O centro sociocultural autoxestionado A Hedreira mantén abertas as inscricións para as súas novas propostas este curso. Os luns é a quenda da actividade Contact, que se imparte de 16.00 a 17.00 horas. A actividade vai de sentir conexións a través do contacto co outro co cal aprendemos a coñecernos a nós mesmos para reconectar coa nosa orixinalidade, fonte de abundancia creativa ilimitada.

Ademais estrean os martes un obradoiro de Improvisación teatral para todos os amantes do teatro, que terá lugar de 20.30 a 22.00 horas. Tamén os martes ofrecen Capoeira de 19.30 a 20.30 horas, unha actividade física que reúne loita, cultura e música. Os mércores teñen KPop de 17.00 a 19.00 horas e Danza do ventre de 19.00 a 20.30 horas. Este curso ademais, Parapono Teatro impartirá Adestramento teatral, unhas aulas abertas e totalmente de balde os martes e xoves de 17.00 a 19.00 horas.

As linguas tamén forman parte do seu programa. Os venres de 20.30 a 22.00 horas terán unha iniciativa para aprender galego orientada ás persoas estranxeiras e os luns imparten un curso de iniciación ao árabe de 19.00 a 20.00 horas. Pola súa parte, os interesados na costura tamén teñen o seu oco no clu de gancho e calceta que se celebra cada luns ás 21.00 horasOs interesados en participar nalgunha das propostas ou obter máis información poden facelo a través da web. 

0.19659805297852