Orbazai rende homenaxe a Donvina polos seus 105 anos

LugoXa
Unha representación da veciñanza da parroquia de Lugo achegouse para felicitala e facerlle entrega dun agasallo nun encontro marcado polo agarimo
Veciños-de-Orbazai-Davinia-105-anos
24 Sep 2026

Veciños de Orbazai, en Lugo achegáronse para felicitar a Donvina polo seu 105 aniversario e facerlle entrega dun pequeno agasallo, nunha visita marcada pola emoción e o agarimo.

Donvina, que inicialmente non quería celebracións porque asegura que non cumpre anos, recibiu a sorpresa dos seus veciños cunha enorme alegría. A pesar de contar que lle doen un pouco os xeonllos, o seu sorriso e a súa ilusión converteron o encontro nun momento especialmente emotivo.

A veciñanza de Orbazai quixo así trasladarlle os seus mellores desexos e agradecerlle a oportunidade de compartir con ela unha data tan especial. "Desexámosche de todo corazón moita saúde, felicidade e moitos momentos fermosos, sempre rodeada do cariño da túa familia e no teu fogar, onde tanto amor recibes", trasladáronlle.

Os veciños tamén quixeron destacar o especial que resulta poder contar coa súa presenza e desexáronlle que continúe compartindo moitos anos máis coa súa familia e coa veciñanza.

"Parabéns de todos os veciños e veciñas de Orbazai. 105 apertas cheas de agarimo!", foi a mensaxe coa que a parroquia quixo felicitar a Donvina polo seu aniversario.

0.15162515640259