Organizan a primeira Noite de Morcegos no Corgo

LugoXa
Durante o evento, falarase sobre os morcegos e realizarase un paseo pola contorna do río Chamoso
Morcego
14 Out 2024

A asociación Morcegos de Galicia organiza a súa primeira Noite de Morcegos no Corgo, que terá lugar o 18 de outubro ás 19:00 na Praia fluvial de O Corgo. Durante o evento, falarase sobre os morcegos e realizarase un paseo pola contorna do río Chamoso, onde os asistentes poderán utilizar detectores para escoitar e observar estes mamíferos nocturnos.

A actividade está dirixida a todas aquelas persoas interesadas na natureza e na fauna local, e recoméndase levar roupa de abrigo e calzado axeitado debido ás condicións do lugar. Para participar, é necesario inscribirse previamente chamando ao número 667 044 296. Este evento conta co apoio da Deputación de Lugo e a colaboración do Concello do Corgo.

noite dos morcegos o corgo
0.19708395004272