Organizan unhas xornadas en Lugo para abordar os retos do cambio climático nas explotacións gandeiras

LugoXa
A Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia organiza o encontro o 15 de outubro coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación
xornadas-formativas-Deputación-ganderias-leite-Lugo
1 Oct 2026

A Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia, coa colaboración da Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, celebrará o vindeiro xoves, 15 de outubro, unhas xornadas formativas sobre os retos que o cambio climático supón para as explotacións gandeiras. A actividade abordará cuestións como a adaptación dos cultivos destinados á alimentación animal e a actualización das propias explotacións ante a nova situación climática.

O deputado de Medio Rural, Daniel García, sinalou que as ganderías deben prepararse para episodios de seca máis frecuentes e períodos de calor máis prolongados, que poden reducir o rendemento dos cultivos destinados á produción de forraxe e incrementar a necesidade de compras por parte das explotacións.

García tamén defendeu a creación de estratexias estables de innovación no sector primario para favorecer a viabilidade das granxas e evitar que as administracións actúen unicamente cando se producen situacións de emerxencia.

Dúas ponencias sobre adaptación das explotacións

A xornada contará con dúas ponencias. A primeira, impartida por Juan Valladares Alonso, tecnólogo de cultivos do CIAM, analizará alternativas aos cultivos tradicionais de inverno e verán en Galicia que permitan adaptarse mellor ás condicións climáticas actuais.

A segunda correrá a cargo de Agronovo Ecoloxía e estará centrada nas "Claves para manter a túa explotación ao día".

A actividade será gratuíta, aínda que será necesaria a inscrición previa. Terán preferencia as explotacións ecolóxicas asociadas e as prazas cubriranse por orde de inscrición.

As xornadas comezarán ás 11:30 horas no local de Agronovo Ecoloxía, situado no Camiño Real 72-74, entrechán. As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico aplegalicia@gmail.com ou no teléfono 698 956 453.

0.16061305999756