Os Cinco Ríos celebra unha asemblea xeral este domingo

A Asociación de Veciños Os Cinco Ríos organiza este domingo 27 de outubro a partir das 12.00 horas no Centro Sociocultural do Corgo a súa asemblea xeral extraordinaria para aprobar o estado actual de contas, tratar as actividades previstas no futuro, así como tamén tratarán cambios na directiva da asociación.
Ademais, na mesma xornada retomará o seu baile dos domingos, tamén no Centro Sociocultural. Comezará ás 18.00 horas e prolongarase ata as 22.00 horas. Esta proposta desenvolverase o último domingo de cada mes, desde outubro ata xuño, con posibilidade de engadir máis datas ou modificar o horario en función da demanda.
O encargado de amenizar a tarde con música será Dani Pardo, quen tamén xestionará a entrada, que terá un custo de 3 euros para socios e 5 euros para non socios. Esta iniciativa promete ser unha oportunidade perfecta para desfrutar dun ambiente lúdico e fomentar a convivencia veciñal. A asociación Os Cinco Ríos convida a todos os veciños a participar e asegura que será unha tarde inesquecible.