Os Cinco Ríos do Corgo promoven un magosto de balde na vila
LugoXa
Haberá tamén durante a xornada un sorteo entre todos os asistentes
15 Out 2024
Os Cinco Ríos do Corgo continúan a súa aposta por dinamizar a oferta cultural na vila organizando así de novo o seu mercadillo, que terá lugar o primeiro domingo de cada mes. Ademais, para o vindeiro 3 de novembro nesta cita tamén poñen en marcha un magosto de balde con degustación nas pulperías Pablo e Polo.
Haberá tamén durante a xornada un sorteo entre todos os asistentes. O programa comezará ás 10.00 horas coa apertura do mercado. Haberá postos de vendedores ambulantes e tamén de polbo para poder quedar a comer no lugar. Ademais, calquera particular tamén poderá vender no mercado. As persoas interesadas en levar algo para vender deberán inscribirse nos teléfonos 636 584 282 e no 686 625 565.