Os Cinco Ríos retoma o baile dos domingos no Corgo

LugoXa
sta proposta desenvolverase o último domingo de cada mes, desde outubro ata xuño
Baile para maiores nos Centros Cívicos da cidade
20 Out 2024

A Asociación de Veciños Os Cinco Ríos retoma o seu baile dos domingos, que terá lugar o vindeiro domingo 27 de outubro no Centro Sociocultural do Corgo. A xornada comezará ás 18.00 horas e prolongarase ata as 22.00 horas. Esta proposta desenvolverase o último domingo de cada mes, desde outubro ata xuño, con posibilidade de engadir máis datas ou modificar o horario en función da demanda.

O encargado de amenizar a tarde con música será Dani Pardo, quen tamén xestionará a entrada, que terá un custo de 3 euros para socios e 5 euros para non socios. Esta iniciativa promete ser unha oportunidade perfecta para desfrutar dun ambiente lúdico e fomentar a convivencia veciñal. A asociación Os Cinco Ríos convida a todos os veciños a participar e asegura que será unha tarde inesquecible.

0.16594815254211