Os días 7, 8 e 9 de decembro volve a VIII da Foliada da Fonsagrada

LugoXa
A Fonsagrada acolle os días 7, 8 e 9 de decembro a VIII da Foliada da Fonsagrada organizada pola Asociación Cultural Petapouco e a Destempo.
VIII Foliada Fonsagrada 2023 cartel oficial
19 Sep 2023

A Fonsagrada acolle os días 7, 8 e 9 de decembro a VIII da Foliada da Fonsagrada organizada pola Asociación Cultural Petapouco e a Destempo.

Aínda non teñen o programa confeccionado polo que haberá que esperar uns días para saber que tipo de obradoiros e actividades se poderán facer.

O ano pasado houbo rutas polas montañas, un obradoiro de empalletado con Pepe Vaamonde e outro de baile dos Ancares, teatro infantil, ou Cantos de Taberna. Pero tamén houbo tempo para a gastronomía cunha butelada popular.

Como cada ano, a Foliada da Fonsagrada homenaxea a algúns dos persoeiros máis relevantes da súa comarca. O primeiro foi Emilio do Pando, seguindo polo bailador Horacio de Xestoso, Serxio da Veiga e os cegos Modesta e Florencio. Con todo, tamén houbo homenaxes en vida, tal e como aconteceu no caso das bailadoras e das gaiteiros.

Para todos os integrantes da A.C. Petapouco e a Destempo é importante recordar e amosar a calidade do traballo de todos os persoeiros da Fonsagrada para valorar e coidar o patrimonio da súa comarca, motivo principal polo que se comezou a celebrar esta festa que, para o seu contento, non deixa de medrar.

VIII Foliada Fonsagrada 2023 cartel oficial
0.17868399620056