Os empresarios da Tinería recuperan a festa do seu barrio
O barrio da Tinería volverá a vibrar. Itineris, a Asociación de Empresarios da Tinería, quere dinamizar a oferta cultura da zona. Deste xeito, despois de anos sen celebrarse, concretamente dende o 2019, o colectivo recupera a Festa da Tinería que se celebrará o vindeiro 14 de setembro nunha xornada con propostas diversas e atractivas para todos os lucenses e visitantes.
Así organizan a terceira convocatoria da iniciativa que inclúe concertos musicais, un karaoke, Dj, un mercado de artesanía e tamén actividades como obradoiros e demostracións para toda a familia. Aínda que polo momento non anunciaron os horarios para a xornada, que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a música será unha das grandes protagonistas con actuación como a de Virtua Tennis, Louband, La Duendeneta e propostas como Karaoke con Esteben e Malenne, que xa están confirmados.