Os Nabos de Gracián presentan o seu libro en Lugo

LugoXa
Esta presentación, que terá lugar no Vello Cárcere, representa un importante fito para o colectivo
Os-Nabos-de-Gracián
15 Out 2024

O vindeiro xoves 17 de outubro, o grupo creativo literario presentará o seu libro "Os nabos de Gracián" na cidade de Lugo. Esta presentación, que terá lugar no Vello Cárcere, representa un importante fito para o colectivo, xa que supón a culminación dunha das súas maiores aspiracións desde a primeira presentación da obra en Castroverde, o seu lugar de orixe.

O evento contará con momentos especiais de música e cántigas, a cargo de Toño Núñez e Xosé Manuel do Castro, quen ambientarán a presentación con interpretacións musicais en distintos momentos da xornada. O grupo anima a todas as persoas interesadas en acompañalos nesta ágora cultural da cidade amurallada, facendo un chamamento a participar neste acto que mesturará literatura e arte musical. Será unha tarde para compartir cultura, celebrar a publicación do libro e desfrutar dun encontro creativo en plena cidade de Lugo.

0.20278191566467