Os Ratos de Lonxedetodo de Trinketrinke Teatro visitarán A Fonsagrada

LugoXa
O próximo venres 24 de setembro visitarán A Fonsagrada os Ratos de Lonxedetodo de Trinketrinke Teatro
os Ratos de Lonxedetodo de Trinketrinke Teatro
23 sep 2021

O próximo venres 24 de setembro visitarán A Fonsagrada os Ratos de Lonxedetodo de Trinketrinke Teatro para facer gozar cos seus abraiantes contos aos máis pequenos xa que está orientado principalmente a nenos de 3 a 8 anos e acompañantes.

Será no salón de actos da Fonsagrada nos Chaos a partir das 18.00 horas. E a entrada será de balde ata completar o límite de capacidade marcado polos protocolos COVID-19. Non se necesitará reserva previa.

242064588_4303068986437194_412687628523218994_n
0.12491893768311