Óscar Domínguez percorrerá 24 horas seguidas a Muralla de Lugo nun reto solidario polo autismo

LugoXa
A iniciativa terá lugar do 30 ao 31 de maio e recadará fondos para Capaces Lugo e Raiolas Lugo
Muralla-de-Lugo-Mosquera
8 May 2026

O corredor Óscar Domínguez Rodríguez afrontará un reto solidario no que correrá durante 24 horas ininterrompidas polo adarve da Muralla Romana de Lugo, nunha iniciativa que se desenvolverá desde as 11.00 horas do 30 de maio ata as 11.00 horas do 31 de maio.

Durante toda a proba haberá persoas acompañando o deportista, animando e contribuíndo á visibilización desta causa solidaria, centrada no apoio ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e ás súas familias.

O reto está organizado a favor de Capaces Lugo e Raiolas Lugo, dúas entidades que traballan no acompañamento diario de persoas con autismo. A recadación destinarase a impulsar proxectos de vida independente a través da vivenda e a programas de emprego con apoio, co obxectivo de favorecer a inclusión social e laboral.

Desde a organización anímase á cidadanía a participar acompañando a Óscar nalgunha das voltas pola Muralla ou adquirindo unha camiseta solidaria por 20 euros, contribuíndo así ao desenvolvemento desta iniciativa.

0.12745809555054