Ousadías despedirá a tempada no Club Clavicémbalo cun especial de San Xoán

LugoXa
O grupo lucense de teatro de improvisación presentará “Buscando a Leria” este mércores ás 22:00 horas
Ousadías-Lugo
22 Jun 2026

O grupo de teatro de improvisación Ousadías porá fin á súa tempada no escenario do Club Clavicémbalo cun espectáculo especial de San Xoán que terá lugar este mércores, 24 de xuño, ás 22:00 horas.

A proposta chega despois da celebración do Arde Lucus e preséntase como unha alternativa para prolongar o ambiente festivo cunha sesión marcada polo humor e a participación do público.

Baixo o título “Buscando a Leria”, o espectáculo manterá o formato habitual do grupo, no que non existe un guión previo e son os asistentes os que determinan o rumbo das historias que se desenvolven sobre o escenario.

Desde a compañía destacan que esta actuación servirá como despedida da súa tempada no Club Clavicémbalo ata o próximo ano, aínda que aseguran que a actividade do grupo continuará nos próximos meses. Segundo avanzan, xa están traballando en novas propostas para a cidade que combinarán os formatos habituais con outras iniciativas diferentes que verán a luz proximamente.

0.12219095230103