Ousadías leva a Xermade un obradoiro gratuíto de teatro de improvisación

LugoXa | TerraChaXa
O grupo lucense impartirá a actividade o domingo 15 de novembro na Escola Habaneira de Roupar, de 11:30 a 13:30 horas, sen necesidade de experiencia previa
Ousadías-Lugo
8 Nov 2026

O grupo de improvisación teatral lucense Ousadías levará a Xermade un obradoiro gratuíto de teatro cómico co que busca achegar a improvisación á provincia e ofrecer un espazo para divertirse, rir e compartir unha mañá diferente.

A actividade terá lugar o vindeiro domingo 15 de novembro, entre as 11:30 e as 13:30 horas, na Escola Habaneira de Roupar. Non é necesario contar con experiencia teatral previa, xa que está dirixida a todas as persoas que teñan ganas de participar e pasalo ben.

As prazas son limitadas para facilitar a participación de todas as persoas asistentes. As inscricións poden realizarse enviando unha mensaxe de WhatsApp ao número 678 744 178 antes do xoves 12 de novembro. A participación é gratuíta.

0.15993213653564