Ousadías levará ao Clavicémbalo unha sesión de improvisación teatral con temática de Samaín

LugoXa
A actuación celebrarase o mércores 18 de novembro, ás 22:00 horas, e incluirá novas dinámicas e historias creadas a partir das propostas do público
ousadías-samaín-Lugo
29 Oct 2026

A Asociación Cultural Ousadías regresará aos escenarios de Lugo o mércores 18 de novembro cunha nova sesión de teatro de improvisación no Club Clavicémbalo. A actuación comezará ás 22:00 horas e estará centrada nunha temática especial de Samaín.

O colectivo continuará explorando novas mecánicas de improvisación para construír historias únicas a partir das ideas e suxestións das persoas asistentes. Deste xeito, o público terá un papel activo no desenvolvemento das escenas e no rumbo que tomen os relatos.

0.15282392501831