Palas de Rei acolle a presentación do libro ‘Feixe de Flores para Galicia’ de X. L. Outes Ruso

LugoXa
O acto terá lugar o sábado 23 de maio no Centro Comarcal da Ulloa e contará coa participación do xornalista Fernando Salgado
Palas-de-Rei-presentacion-feixe-de-flores-para-Galicia
21 May 2026

O sábado 23 de maio ás 18:30 horas celebrarase no Centro Comarcal da Ulloa, en Palas de Rei, a presentación do libro “Feixe de Flores para Galicia”, do autor X. L. Outes Ruso.

O acto contará coa participación do xornalista Fernando Salgado, que exercerá como presentador da actividade, organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns (IEU).

A obra propón unha aproximación literaria a Galicia a través dunha recompilación de textos que combinan reflexión, memoria e paisaxe, cunha mirada centrada na identidade cultural do país e na posta en valor do territorio galego. O libro preséntase como unha homenaxe simbólica ao vínculo entre natureza, tradición e pensamento contemporáneo.

0.11927509307861