Palas de Rei comeza as festas do Ecce Homo, nas que estarán París de Noia e Panorama

LugoXa
O programa comeza o xoves ás 21.30 na praza do Concello con El Borrón del Escribano
panorama-recurso
11 Sep 2024

Palas de Rei celebra as festas do Ecce Homo este mes de setembro, concretamente os días 12, 13, 14 e 15 nos que ofrecerán deporte e moita música  da man dalgunha das mellores orquestras da comunidade. O programa comeza o xoves ás 21.30 na praza do Concello con El Borrón del Escribano e seguirá o venres 13 a partir das 20.30 coa Milla Urbana.

Xa ás 23.00 horas, terá lugar a verbena na praza Galicia co dúo Reflejos e a Panorama. O sábado haberá misa solemne coa actuación da Coral Poliónica de Palas de Rei e da banda de música municipal a partir das 14.00 horas. pola tarde, dende as 18.00 será o Día do Neno na praza da Ulloa.

Despois continuarán as actuacións na praza do Concello con Agarimo dende as 19.30 e con Cantanascrocas a partir das 21.00 horas. A verbena comezará ás 23.30 horas coa disco móbil Era Visto na praza de Galicia, á que lle seguirá París de Noia. O día 15 haberá misa solemne e Festival de Danza Tradicional cos grupos Fonte de Merlán, Os do Medio e Palacio do Rei. A partir das 21.30 horas os vecios e asistnes poderán desfrutar do espectáculo co grupo Queiman Folk.

festas palas de rei ecce homo
0.1650550365448