Palimoco Teatro volverá ao cemiterio de San Froilán con tres funcións de 'Don Juan'

LugoXa
As representacións terán lugar os días 7 e 8 de novembro e as entradas, limitadas a 150 persoas, poden recollerse desde o 29 de outubro no Centro de Interpretación da Muralla
Don-Juan-Palimoco
30 Oct 2026

Palimoco Teatro regresará ao cemiterio de San Froilán de Lugo os días 7 e 8 de novembro coa proposta 'Dándolle unha volta a Don Juan', que ofrecerá tres funcións neste espazo. A actividade permitirá ao público achegarse á figura de Don Juan a través de distintas representacións nun escenario singular.

A primeira función será o 7 de novembro ás 20:00 horas, con 'Don Juan'. O sábado 8 haberá dous pases: 'Don Juanito', ás 17:00 horas, e 'Don Juanín', ás 19:15 horas.

As prazas están limitadas a 150 persoas e as entradas son numeradas. En caso de choiva, a función trasladarase á capela, onde unicamente poderán acceder as persoas con entradas numeradas do 1 ao 60.

A recollida de entradas está dispoñible desde o 29 de outubro no Centro de Interpretación da Muralla, situado na Praza do Campo.

0.15128803253174