Pastora Veres presenta Lareira de soños en Lugo
LugoXa
Este xoves ás 19.30 horas preséntase, na Deputación, o libro Lareira de soños, da escritora Pastora Veres.
10 Maio 2021
Este xoves 13 ás 19.30 horas preséntase, no salón de actos da Deputación, o libro Lareira de soños, da escritora guitiricense afincada en Betanzos Pastora Veres.
O libro, que inclúe un DVD co documental Entrar aos Vilares, dirixido por Cibrán Tenreiro, saíu á luz da man de Edicións Fervenza e trata da anteopoloxía dunha parroquia da Terra Chá. Foi producto dun traballo de investigación realizado pola autora por unha encomenda feita polo poeta Manuel María a comenzos dos anos 90 e que comenzou a realizar en 2014 coa dedicatoria das letras galegas a Díaz Castro, da mesma parroquia que a autora, Os Vilares de Guitiriz.
Imprescindible facer reserva en cultura@deputacionlugo.gal ou dosvilares@gmail.com.