Portomarín acolle á exposición de Padrozelos

LugoXa
A exposición De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos, organizada pola Asociación de Periodistas chega a Portomarín
padrozelos exposicion portomarin
20 Ago 2021

A exposición De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos, organizada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago, inaugurouse onte.

Esta exposición, de  carácter divulgativo e itinerante, transmite e fai visible a importancia da lírica galega na Idade Media, coas dez cantigas de Martín de Padrozelos, un dos primeiros trobadores coñecidos da nosa lírica. As súas dez cantigas, nove de amigo e unha de amor, están musicadas e gravadas por A Quenlla, nun CD, Trobador no Camiño, as cantigas de Martín de Padrozelos.

Cada unha das dez cantigas constitúe un panel da exposición, que conta con dous máis, un dedicado á ficha técnica da mesma e outro que contén un mapa cos  concellos polos que pasa o recorrido itinerante da exposición, onde adquiren principal relevancia os concellos da entrada en Galicia do Camiño Francés.

Está exposición estará aberta ao público ata o 30 de agosto, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres. Despois de Portomarín, a mostra rematará o seu recorrido en O Cebreiro (do 1 ao 11 de setembro).

0.18749094009399