Portomarín acomete melloras na Rúa do Peregrino para reforzar os accesos

LugoXa
Os traballos incluíron a pavimentación con aglomerado en quente e a renovación dos cubrecontedores nun dos tramos da vía
mellora-Rúa-do-Peregrino-Portomarín
31 May 2026

O Concello de Portomarín levou a cabo actuacións de mellora nun tramo da Rúa do Peregrino co obxectivo de continuar avanzando na modernización das infraestruturas municipais e na mellora da mobilidade tanto para os veciños como para os usuarios desta zona do municipio.

Os traballos realizados consistiron na pavimentación da vía mediante a aplicación de aglomerado en quente, unha intervención que permitirá mellorar o estado do firme e incrementar a seguridade e comodidade dos desprazamentos. Ademais, a actuación completouse coa renovación dos cubrecontedores, contribuíndo a unha mellor integración destes elementos no espazo urbano e a unha imaxe máis coidada da contorna.

Desde o Concello sinalan que estas actuacións forman parte da estratexia municipal para mellorar progresivamente as infraestruturas locais e os accesos ás distintas zonas do termo municipal, prestando especial atención ás vías que presentan un maior nivel de deterioración.

O goberno local destaca que este tipo de investimentos permiten avanzar na conservación da rede viaria e na mellora dos servizos públicos, ao tempo que contribúen a ofrecer unhas mellores condicións de accesibilidade e calidade de vida para a veciñanza.

0.14273118972778