Portomarín organizará o 8 de xuño unha nova recollida de plásticos agrícolas

LugoXa
O Concello lembra que os residuos deberán depositarse unicamente nos puntos habilitados para evitar sancións e danos ambientais
plasticos-agricolas
25 May 2026

O Concello de Portomarín informou da posta en marcha dunha nova campaña de recollida de plástico agrícola que se desenvolverá o próximo 8 de xuño a partir das 9:00 horas.

Os puntos homologados habilitados para o depósito deste tipo de residuos serán a Cooperativa Caxigo, a Cooperativa Vilaxuste —fronte ao parque de maquinaria— e o Punto Limpo municipal de Portomarín.

Desde o Concello lembran que todas aquelas persoas que depositen plástico agrícola en lugares non autorizados estarán a prexudicar o medio ambiente do municipio e poderán expoñerse a posibles sancións.

0.11916708946228