Portomarín programa cinco concertos gratuítos durante os sábados de agosto na Praza do Camiño

LugoXa
Pablo Vila e os Tripulantes, O Mago da Boina e Nami, Exeria, Os Piñeiros e Carta de Axuste protagonizan o ciclo musical, con actuacións ás 20.00 horas
Praza-do-Camiño-Portomarín
25 Jul 2026

O Concello de Portomarín celebrará durante o mes de agosto un ciclo de concertos gratuítos na Praza do Camiño, cunha actuación cada sábado ás 20.00 horas.

A programación, organizada polo Concello coa colaboración da Agadic e da Xunta de Galicia, reunirá propostas musicais e de animación para todos os públicos.

O calendario arrancará o sábado 1 de agosto coa actuación de Pablo Vila e os Tripulantes. A segunda cita será o 8 de agosto con O Mago da Boina e Nami, nun espectáculo que combinará música e maxia.

A programación continuará o sábado 15 de agosto co concerto de Exeria, mentres que o día 22 será a quenda de Os Piñeiros. O ciclo pecharase o sábado 29 de agosto coa actuación do grupo Carta de Axuste.

0.14225506782532