Preparada en Palas a XXII Mostra de Teatro Amador
O Concello de Palas de Rei acollerá a partir do 31 de agosto a vixésimo segunda edición da Mostra de Teatro Amador, Teatro no Camiño de Santiago. O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira; o presidente da Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas, Os Lobos, Xosé Manuel Pérez Paredes, e o director de Metátese Teatro, Afonso García Penas, presentaron no salón de plenos do Concello esta edición.
Nesta ocasión contarán coa participación de dez grupos de Galicia e un de Pozuelo de Alarcón.
Todas as funcións serán ás 21:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei, agás a do venres 3, de setembro, que será no Parladoiro de Arqueixal, na aldea de Santiago de Albá e o sábado, 4 de setembro, que se celebrará o roteiro teatral polas corrupias, carreiros, bouzas, soutos... de Santiago de Albá e que se sairá ás 10:00 horas do campo da festa desta aldea.
Para poder asistir ás funcións haberá que facer inscrición previa no teléfono 647565182 ou no correo electrónico metateseteatro@gmail.com.
O sábado, 4 de setembro, entregarase o XVI Premio Careón ao escritora Toño Núñez en recoñecemento ao seu labor como escritor e dinamizador da cultura galega. Ese mesmo día tamén se fará entrega do XXI Premio Mácara a Chelo do Rejo pola súa traxectoria profesional como actriz e o seu apoio, vivenciación e defensa da cultura rural.
O sábado, 11 de setembro, ás 21:00 horas, na Casa de Cultura de Palas, entregarase o IV Premio Garabato á Conservación do Patrimonio en a Gabriel Barreiro Toural,dotado con 1000 euros e plica a unha entidade que se distingue polo seu labor na defensa, recuperación e difusión do patrimonio cultural.
Esta mostra é un referente dentro do panorama de teatro amador galego e nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de duascentas cincuenta compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Rusia, Portugal, Francia...
O programa desta edición queda como segue:
MARTES, 31 DE AGOSTO
GRUPO: Obradoiro Municipal de Teatro, de Palas de Rei.
AUTOR/-A: Creación colectiva do alumnado, coordinado por Afonso García Penas.
OBRA: Contos, lendas e outras historias.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.
MÉRCORES, 1 DE SETEMBRO
Ademais repartiranse os seguintes premios:
- XXI PREMIO MÁCARA: Chelo do Rejo.
- XVI PREMIO CAREÓN: Toño Núñez.
- IV PREMIO GARABATO Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL