Presentada a reedición de 'Cunetas', a obra de Luis Pimentel sobre a represión franquista

LugoXa
A publicación reivindica o seu valor literario e a súa función como memoria fronte ao fascismo
Presentación-reedición-Cunetas-Lugo
6 May 2026

Lugo foi o escenario da presentación da reedición de Cunetas, unha obra que recompila os poemas de Luis Pimentel centrados na represión franquista. A nova edición corre a cargo de Alvarellos Editora e inclúe un estudo introdutorio de Claudio Rodríguez Fer, así como un epílogo de Xurxo Martínez. O proxecto contou ademais coa colaboración do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.

Durante o acto, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, subliñou o interese literario desta reedición e puxo en valor o seu papel como testemuño da represión e como voz firme contra o fascismo.

Neste sentido, advertiu da relevancia de recuperar obras coma esta nun momento no que determinados discursos que tenden a branquear esa etapa histórica están a gañar presenza no debate público.

A publicación de Cunetas supón así non só a recuperación dun legado poético de grande importancia, senón tamén unha oportunidade para reflexionar sobre a memoria histórica a través da literatura, reforzando o papel da cultura como ferramenta de análise crítica do pasado.

0.13084292411804