Remata en Piúgos o curso de elaboración de pezas de coiro da Vicepresidencia da Deputación

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, visitou Piúgos na última xornada do curso de elaboración de pezas de coiro organizado pola área de Participación do Concello de Lugo en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación.
As persoas asistentes terán a oportunidade de achegarse ás técnicas básicas da elaboración de elementos baseados en coiro, recibindo formación teórica, e tratando temas como o recoñecemento da ferramenta necesaria, a aprendizaxe de métodos para realizar distintas pezas ou a elaboración de acabados.
"Estamos a comprobar como estes cursos non só transmiten coñecementos, senón que tamén fortalecen o tecido comunitario e animan á veciñanza a participar activamente", destacou López, quen engadiu que "é unha forma de apoiar ás asociacións e continuar a achegar coñecementos á veciñanza".