Rematan en Lugo as Sesións de Filmoteca do club Valle-Inclán
LugoXa
O Club Cultural Valle-Inclán está inmerso nas actividades do derradeiro trimestre do ano 2024
27 Oct 2024
O Club Cultural Valle-Inclán continúa coas actividades do derradeiro trimestre do ano 2024 coa proxección de catro filmes da serie “Sesións de Filmoteca”, en colaboración coa Filmoteca de Galicia e segundo convenio asinado coa Xunta de Galicia Desenvolverase, coa cooperación da USC, no Salón de Actos da Casa do Saber, en sesión de 19.30 horas.
Este mércores 30 é a quenda do filme Carmiña flor de Galicia, de Rino Lupo. A entrada en todos os casos é libre e de balde para socios do Valle-Inclán e comunidade universitaria, o resto do público deberá abotar a cota proporcional de socio. Iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala.