Rubén Arroxo e Olalla Rodil presentan a XVII Asemblea Nacional do BNG

LugoXa
Olalla Rodil e Rubén Arroxo presentan en Lugo a XVII Asemblea Nacional do BNG. Será este xoves 21 de outubro
bng asemblea nacional lugo
20 Out 2021

A deputada no Parlamento galego, Olalla Rodil, xunto o tenente alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, presentaron en Lugo a XVII Asemblea Nacional do BNG, a que se celebrará o vindeiro 7 de novembro na cidade da Coruña.

As nacionalistas deste xeito inician o proceso asembleario para debater as teses do futuro BNG, no que na Comarca de Lugo arranca este xoves 21 de outubro a través da súa asemblea comarcal.

A deputada Olalla Rodil recalcou o funcionamento do proceso onde “a militancia é quen decide a liña e a dirección da nosa organización, onde o BNG amosa amplamente a súa cultura democrática e participativa, feito que nos diferencia doutras organizacións políticas”

Olalla Rodil sinalou os retos do BNG e do porvir de Galicia “estamos nun momento transcendental para o futuro do noso país e o BNG ponse en marcha neste proceso para acadar un novo rumbo”

Neste senso, a parlamentaria do BNG fixo balance do traballo da organización “recuperamos a voz de Galiza no Congreso da man de Néstor Rego, medramos en concelleiros e concelleiras, deixamos atrás a paralise de Lugo  e activamos un Lugo mellor e máis humano, e tamén conseguimos acadar ser a primeira forza da oposición con 19 deputadas e deputados no Parlamento galego”

 Rodil afirmou que o BNG abre unha novo ciclo nesta XVII Asemblea Nacional “marcamos dous obxectivos neste nova etapa para o BNG, sumar máis xente para demostrar que somos alternativa e conseguir no 2024 a Presidencia da Xunta de Galicia”.

0.20425009727478