San Xoán de Pena celebrará a súa xuntanza veciñal o 7 de novembro con comida e música

LugoXa
A xornada incluirá unha sesión vermú co Dúo Crazy, un xantar popular e actuacións musicais durante a tarde e a noite
campo-da-feira-de-Nadela-Lugo
27 Oct 2026

A parroquia lucense de San Xoán de Pena celebrará o vindeiro sábado, 7 de novembro, a súa xuntanza veciñal, unha cita que combinará gastronomía e música para reunir veciños e visitantes ao longo de toda a xornada. O programa comezará ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada polo Dúo Crazy.

Ás 14:30 horas terá lugar o xantar, cun menú que incluirá polbo á feira, carne ao caldeiro, caña rechea de crema, pan, viño, auga, cervexa, refrescos, café e licores. O prezo será de 40 euros por persoa para quen participe nesta comida.

A programación continuará pola tarde con baile e animación musical a cargo do Dúo Crazy e Laswek DJ. Ás 21:30 horas servirase a cea, con empanada, liscos, larpeira, bebidas, café e licores. O prezo desta segunda comida será de 15 euros por persoa, mentres que quen queira asistir tanto ao xantar como á cea poderá facelo por 50 euros.

A festa prolongarase pola noite cun baile acompañado pola disco móbil de Laswek DJ. A organización establece que os menores de oito anos poderán participar de balde, aínda que deberán reservar asento, mentres que os nenos e nenas de entre oito e doce anos pagarán a metade do prezo.

0.15670299530029