Teatro do Miolo leva a súa obra 'Saíndo do Cerco' a Castroverde

LugoXa
Este evento, organizado coa colaboración da Deputación de Lugo e o Concello de Castroverde, contará con entrada de balde para todos os asistentes
centro_multiusos_castroverde
22 Out 2024

O próximo domingo 27 de outubro, ás 18.o0 horas, o Centro Sociocultural Paco Pestana de Castroverde será o escenario dunha nova representación dentro do Circuíto de Teatro Profesional 2024. A obra Saíndo do Cerco, a cargo da compañía Teatro do Miolo, promete unha divertida comedia para todos os públicos.

Este evento, organizado coa colaboración da Deputación de Lugo e o Concello de Castroverde, contará con entrada de balde para todos os asistentes. Unha excelente oportunidade para desfrutar dunha tarde de teatro e bo humor en familia ou con amigos.

teatro castroverde
0.07865309715271