Teatro familiar este sábado en Rábade

TerraChaXa | LugoXa
O centro sociocultural de Rábadeo acollerá este sábado, 24 de setembro, ás 19.00 horas a actuación de Pínconús.
TEATRO PINCONUS RABADE PORTADA
22 sep 2022

O centro sociocultural de Rábadeo acollerá este sábado, 24 de setembro, ás 19.00 horas a actuación de Pínconús, con formado por Ana Carreira, Carlos Coira, Carlos Rebolo e Marga Portomeñe.

Pínconús teatro é unha compañía de teatro nada na República de Pínconús e con sede na embaixada en Lugo e que estreou no 2020 o seu primeiro espectáculo de teatro musical para público familiar.

Un día calquera na estación de tren de Aquimesmo. Unha billeteira que vén e que vai. Un viaxeiro decidido a deixalo todo para chegar ao seu novo lugar de traballo. As indecisións dun viaxeiro que non sabe moi ben a onde ir. As estratexias dunha viaxeira que quere ser a única que colla o tren.

O humor e a música xúntanse na escena para xogar unha espera de absurdos encontros e desencontros. Todo isto para chegar a ese lugar ao que todos queren ir, pero moi pouca xente se atreve, chamado Pínconús.

TEATRO PINCONUS RABADE
0.21189188957214