Tirimol celebrará as súas festas patronais cun programa que combina tradición, música e actividades

LugoXa
As celebracións desenvolveranse os días 23, 24, 27 e 28 de xuño con verbenas, actos relixiosos, xogos infantís e unha churrascada veciñal
Churrascada-Tirimol-25
14 Jun 2026

A parroquia de Tirimol, no concello de Lugo, volverá vestir de festa durante os días 23, 24, 27 e 28 de xuño cun completo programa de actividades relixiosas, culturais e musicais pensado para reunir a veciñanza e visitantes arredor dunha das citas máis destacadas do calendario festivo local.

A programación arrancará o martes 23 de xuño ás 21:30 horas cunha churrascada veciñal, para a que será necesario dispor de ticket de invitación. A continuación celebrarase o tradicional prendido do lume novo e unha verbena amenizada pola cantante Verónica Cambón.

O mércores 24 de xuño, día do patrón, as actividades comezarán ás 10:30 horas cun pasarrúas a cargo do grupo de música tradicional Arroutada (Tradigalu). Ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne seguida da procesión e, posteriormente, ás 14:00 horas, terá lugar a sesión vermú amenizada polo Trío Rosel. A xornada rematará cunha verbena que dará comezo ás 21:00 horas e que tamén contará coa actuación do Trío Rosel.

As festas continuarán o sábado 27 de xuño cunha misa solemne e procesión ás 13:00 horas. A partir das 14:00 horas celebrarase a sesión vermú coa actuación da orquestra Super Top, formación que volverá subir ao escenario ás 23:30 horas para protagonizar a verbena da noite.

O domingo 28 de xuño terá lugar a última xornada festiva. Ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne seguida da procesión e ás 14:00 horas a sesión vermú estará amenizada por Begoña García. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, organizaranse actividades e xogos infantís para os máis pequenos. A clausura das festas chegará ás 21:30 horas coa verbena a cargo do dúo La Hora Bruja.

As celebracións contan coa colaboración de diferentes entidades e patrocinadores, así como co apoio institucional para manter viva unha tradición que cada ano reúne a centos de persoas na parroquia lucense.

0.12781500816345