Tucende, en Becerreá, celebra as súas festas
LugoXa
A parroquia becerrense de Tucende celebra o vindeiro sábado, 2 de xullo, as súas festas patronais con comida e cea popular e moita música.
26 Jun 2022
A parroquia de Tucende, no municipio de Becerreá, celebra o 2 de xullo as súass festas patronais. Así, o vindeiro sábado dende as 13.30 iniciarase a celebración con misa solemne e procesión ás que seguirá a sesión vermú a cargo de Adolfo Valiño.
A comida e a cea será no campo da festa e para participar delas haberá que reservar no teléfono 633 760 278 (Carlos).
Á noite será a quenda da verbena co Trio Banarama e Adolfo Valiño que musicará, tamén, a noite.