Última ruta literaria en Lugo para visibilizar escritoras galegas

LugoXa
Remata este sábado a programación para visibilizar a aportación das escritoras galegas á cultura e á igualdade a través de Xela Arias.
rutas literarias xela arias
27 May 2021

A Concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, lembrou que este sábado remata a programación, organizada ao longo do mes de maio dende a súa concellería, para visibilizar a aportación das escritoras galegas á cultura e á igualdade da muller como creadora a través de Xela Arias, homenaxeada das Letras Galegas 2021.  Concretamente, este sábado, ás 11:00 horas, terá lugar a cuarta e última Ruta Literaria.  As persoas interesadas aínda poden inscribirse, chamando ao 010 ou a través do 982297350 para os de fóra de Lugo. O punto de partida é a Praza Maior, dende os soportais do Concello, e estará dirixida pola guía local Lidia De la Fuente.  

Como broche de ouro a esta programación, ás 13:00 horas, no Parque Rosalía de  Castro terá lugar un concerto, no que se interpretarán 10 poemas de Xela Arias, musicados por Eloi Caldeiro. Entre tema e tema, unha muller lerá o poema que a continuación se interpretará musicalmente. 

ruta literaria xela arias

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16303086280823