Un concerto de Uxía arranca a programación cultural do outono da Casa-Museo Manuel María

Este sábado comeza a programación cultural de outono da Casa-Museo Manuel María. E faino cunha das voces excepcionais da música galega, Uxía, que estará acompañada no escenario por Santi Cribeiro (acordeón) e Sérgio Tannus (guitarra).
O concerto, programado para as 20 horas, leva por título De Manuel María a Begoña Caamaño, e durante o seu decorrer soarán pezas do traballo musical que sobre poemas de Manuel María realizou Uxía, en 2012, así como cancións do seu último traballo Indómitas (nove ondas a Begoña Caamaño), un disco tirado este ano 2026 en homenaxe á propia Begoña Caamaño.
As persoas interesadas en asistir (billete 5 euros) teñen que se inscribir previamente a través do correo electrónico casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. O concerto conta coa colaboración de Vicepresidencia da Deputación de Lugo.