Unha avaría na rúa Castelao obrigará a interromper a subministración de auga este venres pola tarde

LugoXa
O Concello de Lugo solicita paciencia á veciñanza mentres se realizan os traballos para reparar a incidencia
rúa-Castelao-Lugo
10 Jul 2026

O Concello de Lugo informou de que este venres 10 de xullo producirase un corte no servizo da rede municipal de subministración de auga debido a unha avaría nunha instalación privada situada na rúa Castelao.

A interrupción do servizo terá lugar durante a tarde e manterase mentres se desenvolven os traballos necesarios para reparar a incidencia e restablecer o abastecemento con normalidade.

Desde o Concello solicitaron comprensión e paciencia á veciñanza afectada polas molestias que poida ocasionar esta actuación, ao tempo que aseguraron que se traballará para solucionar a avaría no menor tempo posible.

0.12823414802551