Unións Agrarias reunirá en Lugo ás mulleres rurais para celebrar o seu día

Unións Agrarias prepara en Lugo un acto con motivo do Día das Mulleres Rurais, que se celebrará o vindeiro 15 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos. A organización prevé reunir máis de 1.000 mulleres nunha xornada dedicada a poñer en valor o papel das mulleres no rural.
O programa dará comezo ás 10.30 horas e prolongarase durante toda a xornada. Despois do acto da mañá terá lugar un xantar e, pola tarde, as participantes poderán asistir a unha actuación musical.
Para participar é imprescindible realizar a inscrición previamente. O prazo para anotarse remata o 7 de outubro e as persoas interesadas deberán contactar con Unións Agrarias no teléfono 982 245 220.