Uns 24 expositores conforman a XXXI Feira do Mel de Lugo

LugoXa
A feira do mel complementarse coa exposición “A Galicia cereira dos séculos XVIII ao XX: velas, velóns e exvotos”
XXXI-Feira-do-Mel-de-Lugo
1 Out 2024

A Praza da Soidade, en Lugo, acollerá durante a fin de semana  a XXXI Feira do Mel, un escaparate para produtoras e produtoras de mel das comarcas de Lugo no marco do San Froilán. A cita contará con 24 expositores representativos do mellor mel das comarcas de Lugo e cunha axenda de actividades pensadas para promocionar as calidades do produto e
dinamizar as vendas como unha cata de mel e obradoiros de globoflexia e velas.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza Cristina López e representantes da Asociación Provincial Lucense de Apicultores presentaron a feira. O vicepresidente da Deputacion Efrén Castro destacou “que o San Froilán supón unha oportunidade para que as produtoras e produtores cheguen a un público moi numeroso, pola cantidade de xente que ven a gozar das festas”.

Tamén encadrou á colaboración “no apoio que, especialmente desde a área de Rural, se presta a outras feiras de mel pola xeografía da provincia, ofrecendo ás pequenas producións canais de venda directa e espazos nos que promocionar os seus produtos”. A concelleira de Participación Cristina López explicou que “a feira estará aberta desde ás 10 da mañá ás 9 de noite” e animou “a achegarse á feira para coñecer a variedade de mel que se produce na provincia e a participar nas actividades que se organizarán arredor dos postos”.

A feira do mel complementarse coa exposición “A Galicia cereira dos séculos XVIII ao XX: velas, velóns e exvotos”, que se poderá ver no Museo Provincial de Lugo do 30 de outubro ao 24 de novembro. O sábado ás 12.30 horas haberá unha cata de mel e de 17.30 a 19:30 horas terá lugar un obradoiro de globoflexia. O domingo organizan de 12.00 a 14.00 horas un obradoiro de velas.

0.19353699684143