Varias actividades dinamizarán a contorna da praza de Abastos e o Mercado durante o mes de febreiro

LugoXa
Diferentes actividades para maiores e pequenos dinamizarán a contorna da praza de Abastos e o Mercado durante o mes de febreiro
praza abastos lugo
praza abastos lugo
30 Xan 2023

O mes de febreiro estará cheo de actividades dentro da programación semestral que se organiza no entorno da praza de Abastos e do Mercado. Os máis pequenos poderán desfrutar de obradoiros todos os sábado en horario de 11:00 a 14:00 con temáticas de reciclaxe e cociña segundo anunciou Cristina López, concelleira de Participación.

O vindeiro 11 de febreiro celebrarase a I Festa da Filloa, na proximidade das festa do entroido, que consistirá no reparto gratuito de filloas na rúa Quiroga Ballesteros. "Faremos as filloas nese mesmo lugar grazas a unha grande máquina que permite abastecer de filloas a todas as persoas que se acheguen" afirmou Cristina López que engadiu "queremos poñer en valo a rúa Quiroga Ballestero e os dou edificios municipales que están alí: o Mercado Municipal e a praza de Abastos".

Cristina López ademais informou "tamén na fin de semana do 11 e 12 de febreiro no soto da praza de abastos poderemos disfrutar do campionato escolar de axedrez,  os dias 18 e 19 de febreiro celebrarase o II campionato de Futbolin Maestros do Norte". O dia 20 de febreiro tamén se fará unha celebración do Entroido no sotano da praza de abastos onde se poderán mercar os productos propios de estas datas. Ademais celebrarase o 8 de marzo homenaxeando  as mulleres que traballaron a reo tanto na praza de Abastros como no Mercado Tradicional.

praza abastos lugo
0.19663000106812