Veciños da Residencia reclaman o amaño urxente e inmediato da fuga na Rúa Pintor Pacios

A Plataforma Veciñal Barrio da Residencia reclama o arranxo urxente da fuga de auga da rúa Doutor Pacios, no cruce coa Rúa da Pomba, "que leva preto de dous meses valada e cun burato aberto sen que se traballe na súa reparación, o que supón un problema no día a día das veciñas e veciños que se desprazan por esta zona, xa que os cascallos ocupan o paso de peóns e impiden o uso na comunicación a pe das dúas rúas".
A Plataforma Veciñal Barrio da Residencia considera que o remate desta obra permitiría recuperar este espazo público que leva meses inutilizado, mellorando significativamente a calidade do espazo público, favorecendo unha mobilidade máis segura e cómoda, así como unhas condicións máis axeitadas para a actividade económica do barrio.
Insta ao Concello de Lugo a actuar con urxencia para acometer as obras necesarias, garantindo así a seguridade e o benestar da veciñanza, así como o correcto funcionamento dos servizos e negocios da contorna.
A plataforma pide ao Concello de Lugo a actuar con urxencia para acometer as obras necesarias, garantindo así a seguridade e o benestar da veciñanza.